Cultura,
coworking
e outras cousiñas

Modular Multiespazo

Sobre nós

Somos un espazo de coworking en Santiago de Compostela con acceso 24/7 para os membros, fibra óptica de alta velocidade, cociña e terraza con vistas á catedral.

Queremos crear unha comunidade agradable e activa na que cada un poida desenvolver a súa actividade e colaborar entre os diferentes membr@s.

Ademáis teremos exposicións temporais de arte para promover artistas de diferentes ámbitos.

Tarifas 2023

Temos 8 postos fixos e 4 postos flexibles preparados para entrar a traballar dun día para outro.

Con tódalas comodidades para sentirte coma na túa casa, pero sen tódalas cousas malas que ten traballar na casa :)

Posto fixo*
24/7

180€/mes + IVE

Posto flexible**
media xornada

100€/mes + IVE

Acceso Ilimitado 24/7 Luns a venres 4h
Mesa Fixa. A mesa será exclusivamente túa :) Flexible
Fibra óptica 1Gb/300Mb
Segunda liña de internet por satélite
Sala de reunións privada (uso libre sen limitación horaria)
Rede por cable
Impresora láser B/N (uso libre)
Armarios para gardar as túas cousas
Servizo de limpeza
Acceso ás zonas comúns:
- Cociña totalmente equipada
- Barbacoa e crepera
- Terraza con vistas á catedral

* Ningún dos postos ten permanencia, se queres deixar o sitio únicamente tes que avisar cun mes de antelación.

** Os postos flexibles están temporalmente bloqueados.

Estamos no centro de Santiago de Compostela ao lado da Alameda, tan só a 5 minutos da Catedral.

Se vés en coche, podes aparcar no Campus Sur, a 5 minutos a pé, no parking de Longa Estancia.

Contacta con nós

Cóntanos o que tes en mente. Tanto sexa para alugar un posto coma se só queres información. Tentaremos contestar o antes posible.